O centro atópase no núcleo urbano de Arteixo, consta de 64 prazas residencias e 40 de centro de día. Esta situación privilexiada garante un bo acceso aos diferentes recursos da comunicade (cafeterías, CS, biblioteca, cafeterías, tendas, ...) e ás visitas dos familiares e amigos.

Distribúese en 3 plantas, a planta 1 está destinada as habitacións das persoas usuarias e dispón de pequenas salas de estar onde desfrutar do tempo de lecer. Na planta 0, onde pasamos a meirande parte do día, componse de 4 salas principais, distribuídas en pequenos espazos para garantir o confort de cada persoa usuaria: sala de cine, sala de estar, sala de actividades e unha pequena biblioteca onde se realizan outro tipo de actividades significativas para as persoas usuarias como a costura, a calceta, escoitar música, xogar ás cartas, entre outros.

A planta baixa conta cun ximnasio que ten acceso ao xardín, onde se realizan diferentes terapias de estimulación sensorial así como Hortoterapia. É o espazo favorito de tódalas persoas usuarias. Tamén, conta cunha sala de actividades e unha sala de estar.

A equipa do Centro Residencial e de día de Arteixo está composta por 37 profesionais que inclúe: dirección, terapia ocupacional, enfermería, traballo social, psicoloxía, educación social, equipo xerocultor e de cociña.